Toques

Enclavado preto do nacemento do río Ulla, o pequeno concello de Toques ofrece aos seus visitantes uns paisaxes únicos ónde natureza e home conviven dende tempos inmemoriais.

Falar de Toques é falar das Fervenzas de Brañas, unha caída de auga de 40 metros que ofrece aos visitantes unhas vistas idílicas e relaxantes ó lado dun antigo muíño perfectamente integrado na paisaxe. Integrados na natureza tamén están os monumentos megalíticos de este concello, son de especial interés o coñecido como Forno dos Mouros, dolmen do terceiro milenio antes de Cristo con decoración pictográfica, e o castro da Graña, un pequeno asentamento amurallado correspondente á época da romanización.

Entre os monumentos deste concello, cabe destacar a Capela de San Antolín, único resto do antigo mosteiro de San Antolín.