Sobrado dos Monxes

A orixe monástica de Sobrado dos Monxes fai que se atope un tanto aledado das principais vías de comunicación, pero unha vez dentro deste pequeno concello descubrirá unha paisaxe única no que poder perderse.

Entre os seus monumentos cabe destacar o Mosteiro, unha verdadeira obra de arte do Barroco Galego. Sen esquecer o Campamento da Cidadella, un antigo campamento romano localizado nesta zona por diversos motivos estratéxicos, como o control do pasa cara o que hoxe coñecemos como Lugo. Por outra banda, do patrimonio natural de Sobrado temos que destacar a Lagoa de Sobrado, construída polos monxes entre o 1500 e o 1530, hoxe por hoxe preséntase como un bo exemplo do ecosistema da zona.