Servizos

Berenguela, pensión de dúas estrelas de recente inauguración , pon a disposición dos seus clientes doce habitacións (dúas individuais e dez dobres) con baño independente e completamente equipadas.

Todas e cada unha das nosas habitacións dispoñen de televisión cunha gran selección de canles, tanto nacionais como internacionais, unha rápida conexión a internet vía wifi e aire acondicionado frío-calor (climatizador).

En Pensión Berenguela solidarizámonos e preocupámonos polas persoas con discapacidade, por iso procuramos a total accesibilidade as nosas instalacións, a través de rampas e un ascensor que recorre as catro plantas do edificio. Así mesmo, acondicionamos unha habitación na primeira planta para este tipo de clientes.

Tampouco nos podiamos esquecer dos máis pequenos da familia, por iso dispomos de berces para que a estancia dos benxamíns sexa tamén perfecta.


Servicios