Santiso

Bañado polo río Ulla, Santiso é amplamente coñecido polo embalse de Portodemouros, construído en 1967 para regulalo caudal de Ulla e a produción enerxética, anegou unha pequena aldea da que inda hoxe en día cando o embalse está baixo se pode ver con facilidade o campanario da igrexa.

Santiso é un lugar perfecto para o descanso, desfrutando de tranquilos paseos e admirando a beleza natural duns paraxes únicos.