Melide

Situado no mesmo corazón de Galicia, Melide foi sempre unha encrucillada de camiños, aquí é onde se unifican dúas das vías de peregrinación cara Santiago de Compostela, o Camiño Francés e o Camiño de Ovedo ou Primitivo.

Melide ten un amplo e rico patrimonio, facendo unha especial mención ao que hoxe se coñece como praza do Convento, trátase dun conxunto arquitectónico de distintas épocas composto pola igrexa parroquial de Sancti Spiritus, o antigo Hospital de Peregrinos (hoxe en día Museo), a Obra Pía (hoxe concello) e a Capela de San Antón. En pleno centro ubran da vila atopámonos coa Capela de Sn Roque, construída cos elementos procedentes de sendas demolicións doutas dúas igrexas xa existentes, a igrexa de San pedro e a Capela de San Roque. Ao lado desta pequena capela atópase o Cruceiro de Melide, considerado o máis antigo de Galicia.

Son tamén destacables as aldeas do Leboreiro e Furelos, ambas coa súa igrexa románica, ponte medieval e antigamente albergaron sendos hospitais de peregrinos.

A oferta de ocio é tan extensa como a cultural, destacando a área recreativa de Furelos, ubicada á saída do núcleo urbano de Melide. Está habilitada cunha ampla zona de merendeiro, zonas de xogo para os cativos, piscinas e praia fluvial. Tampouco poden deixar de visitar o mercado que tódolos domingos se celebra en Melide, as rúas do pobo énchense de postos nos que se pon á venda todo tipo de produtos. Todo isto respaldado por unha ampla oferta hostaleira.