Entorno

En Pensión Berenguela desexamos que a estancia dos nosos clientes sexa perfecta nas nosas instalacións e que poidan aproveitar ao máximo a súa visita a Melide. Por esta razón creamos este pequeno apartado dentro da nosa páxina web, pra dar unhas breves pinceladas das marabillas que a comarca Terra de Melide pode ofrecerlles.

Enmarcada en pleno centro de Galicia a comarca Terra de Melide está composta por catro concellos: Sobrado dos Monxes, Melide, Toques e Santiso. Cada un deles unha verdadeira xoia, tanto polo seu patrimonio cultural e artístico como pola súa beleza natural; e todo isto apoiado por unha ampla oferta de ocio.